SÁBADO 10 DE SETEMBRO DE 2022
Trátase dunha fermosa e variada ruta de ríos e fragas que discorre polo concello ourensán de Coles, na que teremos a oportunidade de contemplar unha gran variedade de elementos no seu percorrido, entre os que destacan os seguintes:
-Os magníficos bosques autóctonos que atesoura a zona, principalmente carballos, que nos acompañarán en boa parte do percorrido.
-Interesantes elementos etnográficos, entre os que destaca o conxunto de muíños do rego Lusín, nun entorno natural fermoso e moi tranquilo.
-O atractivo entorno do río Miño, á altura do encoro de Velle, que percorreremos dende a senda ambiental de Ribela ata a aldea de Barra de Miño.
-Numerosas aldeas da zona con cruceiros de pedra, igrexas e outros elementos, como Lavandeira, Meriz, Outeiro de Ribela, Casanova de Melias, Levices, Belesar, Sobrado, Mira do Río, Barra de Miño, O Fontaíño, Quintás, Mira de Cima. e Figueiredo .
Distancia: 21,7 km
Pendente media subindo 6,6% . Pendente media baixando -6,0%
Duración: 6 horas
Dificultade: media
Nota: este é o percorrido oficial do Concello de Coles. A saída é na capital de Coles: Vilarchao. Requírese GPS debido a fallos de sinalización e porque nalgúns puntos non hai sinais. Ruta variada e fermosa sen dificultades.
Saída de Lalín: Estación de autobusesHora: 8:30
Punto de encontro: (fixarémolo nos vindeiros días). Hora: 9:15 - 9:30