SÁBADO 12 DE NOVEMBRO DE 2022
VER RUTA EN WIKILOC
Anotarse no Telegram. Quen non o teña que o notifique por whatsapp.
Nova convocatoria de ruta para disfrutar do outono no Courel. Nesta ocasión propoñemos a zona Suroccidental do Courel, no concello de Quiroga, percorrendo as ribeiras do río Soldón polo antigo Camiño do Ferradal, un camiño que serviu na explotación mineira da zona, primeiro para extraer ouro na época romana e posteriormente para o transporte do ferro e do mineral do ferro. ELEMENTOS DE INTERESE:
-As paisaxes de ribeira e a orografía da zona.
-Soutos
-Pontes e pontellas
-Muíños
-Ferrarías de Rugando e Gorgueira
-Cabanas da Caleira
-Alvarizas
-Sequeiros
-Fervenzas
-Cova de Ricopete (antiga mina romana)
-Pena Furada (antigo túnel romano para a condución de auga ás zonas de mineiría).
-Vilarmel, aldea típica do Courel.
Percorrido: 17,5 Kms
Pendente media en ascenso 10,7 - Pendente media en descenso -10,1 %
Dificultade: media - media-alta
Cabe a posibilidade de realizar só o tramo desde O Soldón ata Rugando (10,4 Kms). Dificultade: media.
Xantaremos en Rugando no exterior do bar da casa de turismo Ferrería de Rugando, con servizo para bebida. A comida levámola na mochila.
ATENCIÓN
Esta é unha ruta lineal que remata a 11,5 Kms do lugar onde deixaremos os coches. Por iso propoñemos que contratemos un microbús para retornar desde Rugando ata O Soldón. Autos Severo de Quiroga cóbranos 165 €. Se fósemos 20 camiñantes tocaríanos a 8,25 € por persoa. Outra opción é deixar os camiñantes no Soldón, levar os coches a Rugando (os condutores retornarían nun único coche ata O Soldón). Esta opción retrasaríanos o inicio da ruta uns 40 minutos e os camiñantes terían que esperar namentres.
Cremos que o microbús é unha boa opción, pero agardamos a vosa resposta. No Telegram poñeremos a votación destas dúas opcións.
Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 8:00
Punto de encontro (poñerémolo nos vindeiros días) Hora: 9:15