01/06/23

RUTA PEREIRA (RODEIRO) ATA A FEIRA DA GOUXA (D0ZÓN)

DOMINGO 11 DE XUÑO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC

Aquí si que valen todas as opcións: - Vou á ruta e ao xantar

                                                             - Vou só á ruta

                                                             - Vou só a xantar

O obxectivo da ruta é percorrer os 12 Kms que hai desde Pereira (Rodeiro) ata a feira da Gouxa (Dozón). Esta feira é unha verdadeira reliquia gastronómica, reminiscencia do que foron sempre os xantares na feira. Ademais caracterízase pola enorme afluencia de xente desde variados puntos da contorna e pola calidade do pulpo e da carne ao caldeiro.

Comeremos no barracón do Lugués. O menú consistirá en pulpo (polbo), e carne a escoller entre (carne ao caldeiro/ costeleta/ richada), sobremesa, bebida e café e chupitos. Prezo 24 €   Hora do xantar: 14:00 horas 

 Tamén se pode acudir ao xantar con máis persoas da familia. Para camiñar, só os socios ou camiñantes ocasionais debidamente asegurados. 

DATOS DA RUTA:

PERCORRIDO: 12 Km

PENDENTES MEDIAS: +4,95     -4,4%  (é dicir, faciliña).

DESNIVEL ACUMULADO  + 309 m       -311 m










Aínda quedan algúns tradicionais pendellos da feira.

Saída de Lalín. Estación de autobuses. Hora: 8:45
Punto de encontro: Bar Os Cabaleiros do Faro. Rodeiro. Hora: 9:00


07/04/23

RUTA MINA DAS SOMBRAS - MINA DOS CARRÍS - PICO NEVOSA. XURÉS - GERÊS

 SÁBADO 13 DE MAIO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC  (A ruta abreviada é a mesma ruta que esta ata a fronteira con Portugal. E desde alí, desandar o andado).

Pico Nevosa, 1546 m
Xa van alá dez anos desde que fixemos unha parte desta ruta, concreta o tramo que vai desde a ermida do Xurés ata a Mina das Sombras. Nesta ocasión ímoslle engadir a Mina dos Carrís e o Pico Nevosa. Unha extraordinaria ruta de montaña no parque Xurés - Gerês. Que máis se pode pedir!

Podería dicir que os puntos de interese son os que aparecen nas imaxes. Pero, o verdadeiramente interesante é percorrelo, sentirse envolto pola montaña coas súas caprichosas formacións graníticas. E admirar as augas frías e limpas da altura...

Mina dos Carrís
DATOS TÉCNICOS DA RUTA LONGA
Percorrido: 21,2 Kms 

Pendentes medias 10,5% e -10,6%

Desnivel acumulado 1250 m e -1250 m

RUTA ABREVIADA

Percorrido: 15,9 Kms

Pendentes medias: 9,5% e -9,6%

Desbivel acumulado: +842 e -842

Mina dos Carrís
Saída de Lalín. Estación de autobuses

Hora: 7,45 

Punto de encontro: Lobios, 9:15 horas (probablemente sexa no Lusitano)

Mina dos Carrís
MINA DOS CARRÍS
Mina dos Carrís

Mina das Sombras

Val das Sombras

Val das Sombras



Ermida do Xurés


28/02/23

RUTA CALDAS DE REIS E FERVENZAS DE SEGADE E DA BAROSA

 SÁBADO 11 DE MARZO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC


Propoñemos unha nova andaina nas terras de Caldas de Reis e os seus ríos coas fermosas fervenzas de Segade e oa dos muíños da Barosa. Dezasete quilómetros e medio de paisaxe, arquitectura popular (pontes, pontellas, presas, muíños, igrexas, cruceiros...) e un fragmento do Camiño Portugués, das rutas xacobeas. E a fermosa vila de Caldas coas súa burga, o seu balneario, a carballeira e o parque onda o río.

DATOS TÉCNICOS DA RUTA
Percorrido: 17,5 Kms
Pendente media en subida 4,5%  
Pendente media en baixada -4,6%
Desnivel acumulado subindo +460 m
Desnivel acumulado baixando -460 m

Lugar de saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 8:15
Punto de encontro: Bar Timonel (Caldas de Reis), onda o Concello. Hora: 9:15 - 9:30  
As cervexas e pinchos da tarde serán tamén neste bar.
Os amigos de Caldas propóñennos que aparquemos os coches no aparcadoiro gratuíto da Tafona (a 200 m do bar Timonel. Indicamos a súa SITUACIÓN


Se chovese, teriamos que aprazala. 













26/01/23

RUTA AS NOGAIS - DONCOS - CASTELO (pola vía Künig) - TORRE DE DONCOS

 SÁBADO 4 DE FEBREIRO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC

Monte Carballal co paso da vía Künig, entre Doncos e Castelo
DATOS DA RUTA:
Percorreremos camiños que desde antigo foron moi transitados, a vía xacobea seguida polo monxe alemán Hermann Künig, coincidente co camiño real executado no reinado de Carlos III. Para o control destes camiños de paso obrigado entre Galicia e Castela erixiuse o castelo de Doncos, do que aínda segue en pé a súa torre. A historia, as paisaxes da montaña ancaresa, as aldeas, a igrexa e o pazo de Doncos, a etnografía dos hórreos, dos muíños, dos pombais... todo isto forma parte deste itinerario que vos propoñemos.



Percorrido: 18,6 Kms
Pendente positiva: 9,3 %
Pendente negativa: -9,5 %
Desnivel positivo acumulado +950 m
Desnivel negativo acumulado -950 m
Saída de Lalín: Estación de autobuses       Hora: 8:00 

PUNTO DE ENCONTRO: 
Hostal O Muíño. As Nogais (Aquí tomaremos o café da mañá e as cervexas con pinchos da tarde).
Hora: 9:30
https://goo.gl/maps/VRYeCj51Z5GronQS7  

Imaxe antiga da torre do castelo de Doncos, no val do río Navia
Torre do castelo de Doncos
Pazo de Doncos, atribuído ao enxeñeiro francés Charles Lemaur

Igrexa parroquial de Doncos

Un dos varios hórreos colmados de palla que encontraremos na ruta.

Vila das Nogais, inicio e meta da ruta

Un fragmento do camiño da nosa ruta.


02/01/23

RUTA CURTA DO MUÍÑO DE CUÍÑA (PRADO-LALÍN)

 SÁBADO 14 DE XANEIRO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC

Escollemos esta rutiña curta (10,5 Kms) para termos a continuación un xantar e a asemblea anual do club no restaurante Casa Castro de Vila de Cruces.

Empezaremos a ruta onda o muíño de Cuíña e ademais das paisaxes teremos como puntos de interese o Pazo de Liñares, a Ponte medieval de Taboada, as ribeiras dos ríos Deza e Asneiro, un secadoiro de curtidos, a capela de santa Lucía...

Se o tempo non valese, aprazariámola para o día 28 de xaneiro.

DATOS TÉCNICOS DA RUTA:

Pendente media de subida 7,7%

Pendente media de baixada -7,9%

Desnivel positivo acumulado  +497 m

Desnivel negativo acumulado -497 m

Dificultade: media - media. Incrementada pola humidade e as zonas de auga nas beiras dos ríos.

Saída de Lalín: Estación de autobuses

Hora: 9:00

Punto de encontro: (aínda sen fixar)                en Prado. 9:15 horas

MENÚ DO XANTAR: Empanada de polo con gambas, pementos do piquillo recheos de grelos, raxo (lomo) asado con gornición, tarta da avoa, café, chupitos, bodega e bebidas... PREZO: 20 €

Pazo de Liñares
Secadoiro de curtidos


Capela de Santa Lucía

Levada ao muíño de Cuíña

Muíño de Cuíña

Viaduto do ferrocarril

Ponte medieval de Taboada

Ponte Taboada