06/07/23

RUTAS NOS ANCARES E EN BECERREÁ

SÁBADO 5 DE AGOSTO DE 2023

VER RUTA EN WIKILOC

Pico Cuíña
SÁBADO 5 DE AGOSTO
RUTA DOS CUMIOS DE ANCARES
Datos da ruta:
Percorrido:12,7 km
Pendente media en subida: 16,9%    Pendente media en baixada: -16,1%
Desnivel acumulado en subida: 818 m   Desnivel acumulado en baixada: -1354 m
PUNTO DE ENCONTRO: Bar Vilela de Becerreá  (Rúa Carlos III, 42)             9:00 horas. (Neste bar poderemos tomar café ou almorzo completo).
É xa unha longa tradición en Érbedo Andainas acudir aos Ancares no verán, desde que no ano 2009 nos levaran os irmáns Pepe e Manuel, de Becerreá, a aqueles míticos e fermosos cumios.
Nesta ocasión partiremos do Porto de Ancares e repetiremos a ascensión aos cumios do Cuíña (o teito dos Ancares), o Penalonga e quizais o Mustallar. Desde alí retornaremos en permanente descenso a Piornedo. 
Ao chegar a Piornedo, os condutores terán que ir buscar os coches que quedaran no Porto de Ancares. E tamén aproveitaremos para visitar a aldea prerromana e a palloza museo.
Seguidamente retornaremos para ir cear á Tumbiadoira, previo paso por Navia de Suarna. Se houbese tempo visitariamos a Pobra de Navia de Suarna co seu castelo, a ponte medieval e o malecón a carón do río.
Cea: no restaurante A Roxoa da Tumbiadoira.  Menú: Troitas, pementos recheos, medallóns de queixo, polo caseiro con gornición, postres, viño do Bierzo, café. Prezo: 29 €. A cea está prevista para as 20:30 ou 21:00 horas.
Pernocta: Pensión Ancares de Becerreá. O check in poderemos facelo por whatsapp, con envío do DNI. O pagamento farémolo in situ o domingo pola mañá.

Penalonga e Mustallar
Piornedo

Aldea prerromana de Piornedo 

Navia de Suarna
DOMINGO 6 DE AGOSTO
Almorzo: Bar Vilela  9:15 h
RUTA DOS GROBOS, SOUTO DE AGÜEIRA E ACIÑEIRAL DE CRUZUL
DATOS DA RUTA:
Percorrido: 10,44 km
Pendente media subida: 12,3%  Pendente media baixada: -11,2%
Desnivel postivo en subida: 642 m  Desnivel acumulado en baixada -642m



Despois de almorzar faremos unha ruta pola mañá, percorrendo os Grobos, o souto de Agüeira e o aciñeiral de Cruzul.

Xantaremos na Fonte da Salud sobre as 14:00 horas. O menú será o do día, onde nos ofertarán cinco primeiros pratos e cinco segundos, nos que sempre se inclúen pratos de culler, churrasco, outra carne ou peixe. Postre, bebida e café. Con viño da casa, o prezo sería de 14 €.